Leader
O LEADER é o conxunto de medidas do Plan Estratéxico da PAC 2023-2027 que se executa baixo metodoloxía LEADER (Ligazóns Entre as Actividades de Desenvolvemento da Economía Rural). Esta metodoloxía vén sendo impulsada pola Unión Europea desde 1991 para descentralizar as políticas de desenvolvemento rural, de xeito que o territorio rural deixe de ser un simple destinatario destas políticas para converterse en protagonista do seu propio desenvolvemento.
Vídeo explicativo do programa Leader 2014-2020 en Galicia
Leader
No enfoque Leader é esencial que os grupos de desenvolvemento rural, que representen os intereses das comunidades locais, se encarguen do deseño e execución das estratexias de desenvolvemento local participativo, podendo, así mesmo, desenvolver tarefas suplementarias delegadas pola autoridade de xestión ou o organismo pagador. As estratexias deben desenvolverse e apoiarse baixo a responsabilidade das autoridades de xestión e organismos intermediarios, que deben encargarse da selección das operacións que deben recibir apoio ou participar na devandita selección.
Financiamento do PEPAC 2023-2027:
- Fondos FEADER: 80%
- Xunta de Galicia: 4%
- Administración Xeral do Estado: 16%
Tendo en conta as características específicas do territorio rural galego e co obxectivo de acadar un desenvolvemento territorial equilibrado, incluíndo a creación e a conservación do emprego, a intervención Leader para o período 2023-2027 en Galicia, orientarase á consecución prioritaria dos seguintes, obxectivos:
- Promover o emprego, o crecemento, a igualdade de xénero, incluída a participación das mulleres na agricultura, a inclusión social e o desenvolvemento local nas zonas rurais, entre elas a bioeconomía circular e a silvicultura sustentable. Así mesmo, atende á necesidade de asegurar e fomentar a implementación dun desenvolvemento endóxeno e a xeración de valor engadido asociada á metodoloxía participativa.