Monteval
A Asociación Monteval GDR-9 constitúese en xuño de 2008 coa finalidade de ser o núcleo de integración e representación dos diferentes axentes terrioriais, institucionais, sociais e económicos, tanto públicos como privados, interesados en promover o desenvolvemento do territorio de actuación: A Gudiña, A Mezquita, Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Monterrei, Oimbra, Riós, Verín e Vilardevós.
Obxetivo Xeral, Plan de Acción e Obxetivos da Extratexia
Obxetivo Xeral
Dende a Asociación Monteval GDR-9, pretendemos levar a cabo unha estratexia de desenvolvemento que teña como eixe principal para todo tipo de actuacións que pretendan ser beneficiarias dos fondos Leader para o período 2023-2027, o seguinte:
Incrementar a resiliencia territorial e medioambiental do ámbito a través da dinamización dos sectores produtivos estratéxicos como garante da xestión do territorio e da dinamización económica e social que esta implica
No marco da estratexia a visión xeral extraída é a de acadar un territorio competitivo e incrementar as oportunidades da cidadanía mediante a xestión dos recursos endóxenos para lograr un desenvolvemento sostible. Deste xeito, compre realizar propostas para dinamizar e valorizar o ámbito a través dunha planificación integrada que poña o foco na xestión do territorio como mecanismo para un desenvolvemento sostible do territorio fundamentada nos retos seguintes:
- Capital humano e reto demográfico
- Transición dixital e innovación
- Innovación e competitividade dos sectores produtivos
- Transición ecolóxica
- Gobernanza e dinamización social
Plan de Acción
- Identificación das liñas estratéxicas e propostas de actuación.
- Identificación de proxectos cun impacto significativo nos obxectivos e liñas estratéxicas de actuación.
- Programación das actuacións propias de animación a realizar polo grupo.
- Plan de formación coa unha planificación dos cursos.
- Plan de cooperación con outros GDR e entidades.
Obxetivos da Extratexia
- Liña Estratéxica 1: Mitigación do cambio climático e prevención de riscos mediante a creación dun territorio resiliente
- Liña Estratéxica 2: Optimización e racionalización da xestión dos recursos endóxenos
- Liña Estratéxica 3: Protección da biodiversidade e dos valores ambientais
- Liña Estratéxica 4: Capital humano: formación, capacitación e contorna de colaboración.
- Liña Estratéxica 5: Cadea de valor: transformación e comercialización
- Liña Estratéxica 6: Emprendemento e tecido asociativo
- Liña Estratéxica 7: Cohesión social e calidade de vida
- Liña Estratéxica 8: Gobernanza e cooperación